A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará dous cursos formativos e unha charla a través de videoconferencia na vindeira semana.

O día 07 de Outubro,  levarase a cabo a actividade: “Coñece E-saúde”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.

O día 08 de Outubro, en colaboración con Canal Senior celebrarase a videoconferencia: “Estafas na Internet. Non todo na rede é o que parece”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.

Péchase a programación da semana coa actividade “Prácticas de reforzo de cursos anteriores”, que se celebrará do día 09 ao 11 de Outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Pin It on Pinterest

Share This