A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará catro cursos formativos e unha videoconferencia na vindeira semana.
O día 21 de Outubro, celebrarase o curso “A cámara dixital e a descarga de fotos no ordenador”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
O día 22 Outubro, celebrarase, en colaboración con Canal Sénior e a través de videoconferencia a charla “WhatsApp Nivel 2- Uso de chats”. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
O día 23 levarase a cabo a actividade “Prácticas acerca do uso de chats en WhatsApp”, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
O días 24 de Outubro, levarase a cabo o curso “Redes sociais: Uso básico”. O horario será de 16:00 a 20:00 horas.
Péchase a programación da semana coa actividade “Tux Typing: aprende mecanografía e vocabulario de forma divertida con Tux”, que se celebrará o día 25 de Outubro, en horario de 16:00 a 20:00 horas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal.