A Deputación de Ourense, a través do seu Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos Municipais (CooperOU) que abrangue subvencións para financiar parcialmente investimentos concretos de competetencias municipais, vén de ofrecer unha achega complementaria ao concello de Vilar de Santos para a execución das seguintes actuacións:
- Instalación de catro novos puntos de iluminación pública. Importe subvencionado: 5.310,98 €
- Actividades culturais. Importe subvencionado: 3.135,41 €.
- Limpeza camiño público. Importe subvencionado: 2.968,13 €.
- Reparacións/mantemento iluminación pública. Importe subvencionado: 1.863,40 €.