Do 1 ao 15 de xullo está aberto o prazo de matriculación do Punto de Atención a Infancia – PAI do Concello de Vilar de Santos para o Curso escolar do 2023-2024. A matriculación pódese facer presencialmente no PAI ou electrónicamente (sede electrónica do Concello – Rexistro). Debe cubrirse a matricula, achegar a documentación que sexa preceptiva segundo o caso e asinar toda a documentación ambos proxenitores/titores ou representantes legais do menor.

Para mais información, poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos.

Pin It on Pinterest

Share This