Do 1 ao 15 de xullo está aberto o prazo de matriculación do Punto de Atención a Infancia – PAI do Concello de Vilar de Santos para o Curso escolar 2024/25. A matriculación pódese facer presencialmente no PAI ou electrónicamente (sede electrónica do Concello – Rexistro). Debe cubrirse a matricula, achegar a documentación que sexa preceptiva segundo o caso e asinar toda a documentación ambos proxenitores/titores ou representantes legais do menor.

Para máis información, poden dirixirse aos Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos (teléfono 988465883).

 

Pin It on Pinterest

Share This