A Escola Infantil de Vilar de Santos abre o prazo de matrícula para nenos e nenas de 0 a 3 anos para o curso 2022/23. O prazo estará aberto desde o 4 ata o 18 de xullo.

INSCRICIÓNS: Toda a información e modelos normalizados poden atoparse:

Por primeira vez, desde este curso 2022-2023 a inscrición será de balde para todas as nenas e nenos. As persoas interesadas non teñen que facer nada para que lle apliquen a gratuidade na escola infantil, será directamente o centro quen a formaliza ao estar este adherido á rede de escolas infantís da Xunta de Galicia.

A partir do curso 2022/23, a Escola Infantil é gratuíta para todos os matriculados.

O centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde.

A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que conta con persoal especializado para atender ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento. As instalacións foron recentemente reformados polo Concello de Vilar de Santos, contando cunha aula de infantil, zona de xogo, zona de gateo, unha zona de berces e un grande patio exterior de 250 metros cadrados delimitados no seu perímetro: un lugar ideal para aprender xogando con todos os coidados necesarios.

Pin It on Pinterest

Share This