Xa está aquí o campamento de verán do Concello de Vilar de Santos para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos. O programa executarase en horario de 9h a 14h de luns a venres entre o 1 de xullo e o 3 de setembro. Manténdose en todo momento as restricións Covid-19 indicadas polas autoridades sanitarias. A actividade será gratuíta para empadroados e cun custe de 30€/mes ou 20€/quincena para non empadroados.
INSTRUCIÓNS PARA O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
1º) Dende o luns 14, a partir das 8 da mañá, habilitarase un formulario de preinscrición que permanecerá aberto ata as 23:59h do día 21 de xuño na seguinte URL: https://forms.gle/UBKRN1fzKotDsK6A7 ou nas dependencias físicas do rexistro na propia casa consistorial.
2º) Pasado ese período, e a partir do día 22 de xuño, publicarase na web https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade os menores empadroados no Concello de Vilar de Santos e, en caso de quedar prazas libres, o criterio de adxudicación será a orde de inscrición.
3º) Os Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos contactarán coas persoas admitidas para que procedan a formalizar a matrícula.

Pin It on Pinterest

Share This