NOTA DE PRENSA
ABERTO PRAZO DE MATRÍCULA NA ESCOLA INFANTIL DE VILAR DE SANTOS
A metade das prazas encóntranse xa cubertas despois de que no mes de abril pechárase o prazo de preinscrición, mantendo a demanda e os niveis de matrícula de anualidades anteriores.
O prazo estará aberto ata o vindeiro 30 de xuño. Toda a información e modelos normalizados poden atoparse na web do Concello de Vilar de Santos (https://www.vilardesantos.gal/escola-infantil/) ou nas propias instalacións municipais. Para máis información poden poñerse en contacto vía telefónica no 988447109.
En Vilar de Santos, 16 de xuño de 2021.- A Escola Infantil de Vilar de Santos é un servizo público, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, que pon á disposición das familias 20 prazas para crianzas ata os 3 anos de idade. O custe da inscrición varía dependendo da xornada escollida (media ou completa), sendo gratuíto para o segundo fillo e sucesivos.
O centro conta con persoal especializado que atende ás demandas dos máis pequenos de oito da mañá a catro da tarde. Un amplo horario deseñado para facilitar a conciliación familiar pero tamén para acompañar aos menores no seu desenvolvemento.
A escola foi recentemente reformada polo Concello de Vilar de Santos, contando cunha aula de infantil, zona de xogo, zona de gateo, unha zona de berces e un grande patio exterior de 250 metros cadrados delimitados no seu perímetro. Un lugar ideal para aprender xogando con todos os coidados necesarios.