PROGRAMA CONCILIA VILAR DE SANTOS 2025
O Concello de Vilar de Santos abre a convocatoria para o Programa Concilia de Verán 2025, unha proposta para facilitar a conciliación da vida familiar durante os meses de vacacións escolares, combinando diversión e aprendizaxe para os nenos e nenas do concello.
DATAS DO PROGRAMA
Do 23 de xuño ao 5 de setembro de 2025
DESTINATARIOS/AS
Nenos e nenas nados entre 2013 e 2021 (ambos inclusive)
PRAZAS
40 prazas dispoñibles
Terán prioridade os nenos e nenas empadroados/as no concello
PREINSCRICIÓN
Abre o prazo de preinscrición o día 30 de maio ás 9:00h da mañá ata o día 11 de xuño ás 14:00h.
A inscrición realizarase a través do formulario dispoñible na seguinte URL:
Permancerá aberto ata o día 11 de xuño ás 23:59h. Pasado ese período publicarase na web https://www.vilardesantos.gal/ o listado de persoas admitidas e lista de agarda.
PREZOS POR QUENDA
Empadroados/as: gratuíto
Non empadroados/as: 40 € por quenda
NOVIDADE 2025
Aula Concilia – Unha proposta especial dentro do programa para adaptarse ás necesidades das familias durante todo o verán.
Horario: de 8:00 a 9:00 e de 14:00 a 15:00
Prezo: 5 € por quenda
MÁIS INFORMACIÓN: nos Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos, Teléfono: 988 465 883 ou en servizos.sociais@
Organiza: Concello de Vilar de Santos
Programa financiado polos fondos do Plan Corresponsables (Xunta de Galicia – Ministerio de Igualdade)
Consulta as Bases nas seguintes ligazóns:
Bases Aula Concilia Verán 2025-

