A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará unha videoconferencia e un curso formativo na vindeira semana.
O luns, día 1 de abril, levarase a cabo a videoconferencia “Antes de comprar por Internet, infórmate”, coa que se pretende acercar ós asistentes coñecementos á ter en conta antes de realizar compras por Internet. O horario será de 17:00 a 18:30 horas.
As actividades da Aula CeMIT de Vilar de Santos esta semana complétanse co curso: “Trámites electrónicos coa Administración”, que terá lugar do día 2 ata o día 5 de abril, en horario de 16:00 a 20:00 horas e permitirá aos asistentes coñecer algúns dos trámites electrónicos que ofrecen as Administracións Públicas.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito na Rúa Celanova, 77, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.gal