A vindeira semana terá lugar no noso concello unha interesante charla sobre como as novas tecnoloxías poden facilitarnos a comunicación coa administración dun xeito seguro e moi cómodo para nós.
- Data: xoves 9 febreiro 2023, ás 10:00 h.
- Lugar: Aula CEMIT do concello de Vilar de Santos.
Na mesma reunión facilitarase a obtención do certificado dixital e a clave que permite a realización deses trámites. Para iso é imprescindible acudir co DNI en vigor.