♀️🌿 8M en Vilar de Santos ♀️🌿

Neste Día Internacional da Muller, organizamos diversas iniciativas para reivindicar a igualdade e poñer en valor o papel fundamental das mulleres no noso concello. Estes foron algúns dos actos realizados:

💜 Colocación de dúas lonas conmemorativas na fachada do Concello, como símbolo do compromiso coa igualdade e co recoñecemento da loita das mulleres.

💜 Concentración especial na que veciñas e veciños se reuniron para visibilizar a importancia desta data. Durante o acto, fíxose entrega dun pequeno agasallo ás asistentes como mostra de gratitude e apoio.

💜 Obradoiro de recolección e degustación de vexetais silvestres na Aldea Saa, organizado e levado a cabo pola Asociación de Mulleres Rurais A Arracada. Unha actividade na que descubrimos o valor dos recursos naturais da nosa contorna, sendo unha xornada de aprendizaxe, convivencia e posta en valor do papel das mulleres no rural.

💜 Lembranza da homenaxe realizada o ano pasado a mulleres do noso concello que, co seu traballo e compromiso, contribúen a facer de Vilar de Santos un lugar mellor. Un recordatorio de que a súa labor é esencial para o desenvolvemento da nosa comunidade.

Porque elas representan a forza, a historia e o futuro do noso pobo. Seguimos loitando xuntas! 💜

Pin It on Pinterest

Share This