Axudas para aluguer de axudas técnicas e para adaptación de vivendas

Axudas á mellora da accesibilidade para persoas maiores de 65 anos

A Deputación de Ourense prevé aprobar a convocatoria para o ano 2025 de subvencións de ata 2.000 €, destinadas a persoas maiores de 65 anos que residan en municipios de menos de 20.000 habitantes.

Estas axudas teñen como obxectivo mellorar a accesibilidade e a calidade de vida a través de:

 

? Obras de reforma que melloren a accesibilidade das vivendas:

Adaptación de cuartos de baño

Supresión de barreiras arquitectónicas

Colocación de ramplas e varandas

Ensanchamento, eliminación ou nova construción de portas interiores

Instalación de solo antiescorregadizo

? Aluguer de axudas técnicas:

Asentos xiratorios

Camas articuladas

Almofadas e colchóns antiescaras

Asentos para duchas

Mesas regulables para cadeiras de rodas

Butacas articuladas

Aparatos de ventilación mecánica

? Prazo de solicitude: Un mes desde o sétimo día natural posterior á publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

? Máis información: Nos Servizos Sociais do Concello de Vilar de Santos ou chamando ao 988 46 58 83.

Pin It on Pinterest

Share This