Hoxe ábrese o prazo de preinscrición ao campamento de verán do concello de Vilar de Santos para nenas e nenos entre 3 e 12 anos. O programa executarase de luns a venres entre o 24 de xuño e o 6 de setembro. A actividade terá un custe de 15€/quenda para nenos/as empadroados/as e 40€/quenda para non empadroados/as.
Podes consultar aquí as bases completas do campamento Vilar de Santos 2024.
INSTRUCIÓNS PARA O PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA
1º) Dende hoxe habilítase un formulario de preinscrición que permanecerá aberto ata as 23:59h do día 11 de xuño na seguinte URL: https://forms.gle/qDrndDTjCX9T6T5e7
2º) Pasado este período publicarase na web https://www.vilardesantos. gal/ o listado de persoas admitidas e lista de suplentes. Ao ser prazas limitadas terán prioridade:
- 1º) Menores empadroados no Concello de Vilar de Santos dende hai 6 meses ou máis.
- 2º) Menores empadroados no concello de Vilar de Santos dende hai menos de 6 meses.
- 3º) Menores con ao menos un proxenitor empadroado no concello de Vilar de Santos.
- 4º) Menores con con algún familiar de ata segundo grao de afinidade/consanguinidade empadroado no concello de Vilar de Santos.
- 5º) Os demais casos, segundo orde de inscrición.
- 6º) Que os dous proxenitores traballen (deberán presentarse contratos de traballo).
- 7º) Nivel de renta (para o que se requirirá declaración do IRPF 2023).
Os solicitantes non admitidos en primeira instancia, pasarán a formar parte dunha lista de agarda. Non se contemplarán solicitudes fora do prazo establecido, a excepción de que queden prazas libres. Non serán admitidos os nenos e nenas que non cumpran os requisitos esixidos.
3º) As persoas admitidas ao campamento formalizarán a matrícula presentando o ANEXO I das bases completas do campamento Vilar de Santos 2024. A matricula deberá formalizarse ben presencialmente, nas oficinas do Concello de Vilar de Santos, ben a través de correo electrónico: servizos.sociais@vilardesantos.com, remitindo a este enderezo o formulario de solicitude previamente asinado e o xustificante de pago con data límite 19/06/2024.
MÁIS INFORMACIÓN: nos Servizos Sociais do concello de Vilar de Santos, ou en servizos.sociais@ vilardesantos.com