Tras unha modificación na data inicial, o vindeiro venres a Federación Provincial de Mulleres Rurais de Ourense (FEMURO) levará a cabo unha reunión informativa do Plan Corresponsables dirixida a todas as persoas interesadas en formarse no coidado á infancia.
- Data: venres 3 febreiro 2023, ás 11:00 h.
- Lugar: salón de actos do Concello.
Esta iniciativa está financiada polo Ministerio de Igualdade do Goberno de España, a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.