Traslado e sede provisional da Casa do Concello|Concello de Vilar de Santos

Comunicamos a todos os veciños e veciñas que con motivo das obras de mellora da accesibilidade e das instalacións da Casa do Concello, os servizos municipais trasládanse provisionalmente mentres duren as obras de acondicionamento.

A sede provisional do concello estará no Centro de Iniciativas, situada no Centro de Saúde vello (Rúa de Celanova- nº 11), onde atenderemos á veciñanza no horario habitual e con total normalidade.

Desculpas polas molestias ocasionadas.

Mellorar a atención que prestamos e achegar os servizos a todos os veciños e veciñas é un obxectivo prioritario, para o que solicitamos e agradecemos a súa colaboración.

 

Pin It on Pinterest

Share This