Sendeiros de Vilar de Santos – Concello de Vilar de Santos

Sendeiros de Vilar de Santos

/Sendeiros de Vilar de Santos
Sendeiros de Vilar de Santos 2017-07-05T07:36:42+00:00
Sendeiro do Ruxidoiro
Sendeiro do Ruixidoiro

Sae da Igrexa románica de Vilar de Santos, por riba da Praza do Concello, segue cara á aldea de Saa e desde alí, atravesando bosques de carballos, praderías e un muíño, encamíñase ao Ruxidoiro, zona núcleo da Reserva da Biosfera, lugar onde remansaba a auga do regato Cigüeñeiras. Trátase dunha ruta pequena e con pouco dificultade, apta para calquera paseante.

Sendeiro de Castelaus
Sendeiro de Castelaus

Sae da área de recreo do pobo de Castelaus, ao pé da Fonte dos Espiñeiros, e sube cara ao monte do Seixo,  entre castiñeiros e carballos, polo antigo camiño que utilizaban os veciños para ir a Vilar de Santos. Desde o alto e baixando cara a Saa, podemos observar boas vistas da Limia e os antigos terreos da Lagoa. A ruta pasa ao pé da Igrexa de San Xoán e polo Parque da Cachalgura no que existe un Campo de Xogos Tradicionais, volvendo a subir cara ao monte Cobelo, con escasa pendente resulta apta para todos os camiñantes.

Sendeiro do Ruxidoiro
Sendeiro de Parada

Saindo do pobo de Parada, esta ruta lévanos pola parte montañosa do concello ata o pobo de Laioso, para baixar despois pola zona coñecida como A Regueira, desde onde podemos contemplar a extensa planicie da Limia. Este sendeiro está dispoñible nunha variante longa e outra curta, adaptándose ás condicións e necesidades de cada visitante.