Saúda do Alcalde – Concello de Vilar de Santos

Saúda do Alcalde

/Saúda do Alcalde
Saúda do Alcalde 2017-06-26T15:40:29+00:00
Xoan Xosé Jardón

Xoan Xosé Jardón
Alcalde de Vilar de Santos

O Concello de Vilar de Santos constitúe un bo exemplo de concello dinámico e innovador, onde o sector agrario e o desenvolvemento industrial e servizos conviven coa conservación da natureza e a paisaxe e das tradicións máis arraigadas baseadas na recuperación e valorización do noso patrimonio etnográfico e cultural. É posible impulsar desde un concello rural unha transformación baseada no aproveitamento e posta en valor dos nosos propios recursos e capacidades.

Coa remodelación e posta en marcha da páxina web do Concello o Grupo de Goberno quere dar unha resposta e un impulso no uso das novas tecnoloxías coa creación deste espazo virtual que permite unha mellora na información e unha maior participación.

Queremos dotar á páxina de máis e mellores contidos, facela máis dinámica e participativa. Para isto é necesario contar coas vosas ideas, achegándonos todo tipo de suxerencias para facer dela un punto de encontro para todos os veciños e visitantes.

Agardo que esta páxina web permita a tódolos usuarios da rede coñecernos un pouco mellor.

Sede benvidos.

Envía a túa consulta ou comentario á Alcaldía