Outros Servizos Municipais

Velorio Municipal

Servizo municipal situado no Parque Empresarial.

Horario de función das necesidades dos usuarios.

Para calquera incidencia ou cuestión chamar

ao Concello ou ao encargado de servizos: 682 592 232

Centro de Saúde

Centro de Saude xunto ao Centro de Día

Carballedo sn
Tlf. 988 465 844
Horario de Atención: Luns a Venres, de 8,30 a 14.00
Análisis clínicos Luns e xoves ás 9:00h

Tlf. de Urxencias: 988 462 456

Servizo de Augas

Rede de abastecemento e saneamento totalmente municipalizada en todos os pobos. Contamos con duas instalacións de ultima tecnoloxia.

Para calquera incidencia poden chamar ao concello

en horario de 9,00 – 15,00 horas

ou no Tel encargado servizos: 682 592 232

Servizo de Recollida de Lixo

Prestamos este servizo dunha forma directa cun camión de recollida propio.

Recollida todos os luns e venres

Para calquera incidencia poden chamar ao concello en horario de 9,00 – 15,00 horas ou no Tel encargado: 682 592 232

Punto Limpo

O Punto Limpo é un centro de xestión compartida coa Deputación de Ourense, e supuxo un importante servizo para os veciños, para as empresas do Parque Empresarial e para combatir a aparición de vertedoiros incontrolados en todo o concello.

Horario de Apertura

Mércores de 10.00h a 14.00h

Resto de días oferta o servizo no punto limpo de Xinzo de Limia

Servizo Municipal de Tractor Desbrozadora

O Concello ten levado a cabo nos ultimos anos un traballo continuo de desbroce e limpeza de todos os pobos, camiños, pistas, asi como os montes comunais e cortalumes e tamén se limparon a fondo os ríos, canaletas e desaugadoiros.

Para continuar nesta liña de traballo, no 2010 aprobamos unha Ordenanza reguladora pola prestación do servizo municipal do tractor desbrozadora  e pon a disposición dos veciños e veciñas os seus medios para continuar coa limpeza e prevención.

PUNTO DE INFORMACION CATASTRAL

Sen necesidade de desprazarse a Catastro a Ourense.

Para facer uso deste servizo só é preciso facer unha solicitude no propio Concello

Desde o Punto de Información Catastral nas oficinas do Concello, o titular catastral, ou o seu representante, pode acceder aos seguintes servizos:

  • Consulta libre de datos catastrais non protexidos e de cartografía dixital.
  • Consulta e certificación electrónica de datos protexidos dos titulares catastrais, relativo aos bens inmobles da súa titularidade.

Atención no Concello, de luns a venres de 9,00 – 15,00 horas

CONVENIO CONCELLO – DIRECCIÓN XERAL DE TRAFICO

Desde o 2011 temos un novo servizo conxuntamente coa Xefatura Provincial de Tráfico de Ourense.

Poderán facerse no concello os seguintes trámites con Tráfico:

  • cambio do domicilio persoal no permiso ou licencia de conducción.
  • cambio de domicilio dos vehiculos para o imposto de circulación.

Sen necesidade de desprazarse a Tráfico a Ourense.

Atención no Concello, de luns a venres de 9,00 – 15,00 horas

REXISTRO CIVIL

Os servizos administrativos do Concello de Vilar de Santos prestan este servizo público no cal poderás facer todos os trámites previstos nos Rexistros civís e xulgado de paz.

Casa do Concello   Tel. 988 465 883  rexistro@vilardesantos.com
Horario de atención: 09.00 a 15.00h de luns a venres.

SERVIZO DE TAXI

En funcionamento desde xaneiro o Novo Servizo Público de Taxi de Vilar de Santos para poder atender e cubrir as necesidades de mobilidade e os desprazamentos da veciñanza.

Este novo servizo municipal reforza toda a dotación de infraestruturas e servizos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e permitiranos poñer á disposición dos veciños e veciñas un servizo público de proximidade.

Tlf. 696 292 808    988 467 805

Pin It on Pinterest

Share This
X