Onte pola tarde o alcalde, mantivo unha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, para tratar varios temas de interese para o concello, para os que solicitou a colaboración da Consellería.

Entre eles, acometer un proxecto de mellora do abastecemento de auga potable no concello. Concretamente, pretendemos a realización dunha nova captación e a súa conexión á Rede Municipal de Abastecemento para reforzar e seguir garantindo o subministro de auga potable nesta Alerta por Seca declarada.

Tamén propuxemos para o 2018, a posibilidade dun proxecto de urbanización e mellora de espazos públicos dentro do Plan HURBE, tendo en conta a nosa consideración de Área de Rehabilitación Integral, e a nova fase de actuacións de rehabilitación previstas. Imos remitirlle unha proposta.

Ademais estivo presente na reunión a Directora xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, en relación á tramitación do novo PXOM, xa aprobado inicialmente polo concello.

O alcalde, Xan Jardón fixo unha valoración positiva da entrevista mantida, xa que puidemos trasladarlle directamente á conselleira as necesidades que temos nestes momentos.

Pin It on Pinterest

Share This