Hoxe o alcalde, mantivo unha reunión co subdelegado do goberno en Ourense,  Roberto Castro,  na que informou polo miúdo ao subdelegado dos roubos que se produciron en varias casas do pobo de Laioso hai 10 días. A reunión celebrase despois doutra xuntanza previa mantida cos responsables do cuartel de Xinzo na semana pasada.

Na entrevista o alcalde trasladoulle a preocupación xerada entre os veciños e tamén a necesidade de incrementar a presenza e a vixilancia da garda civil nos pobos do concello para reforzar e garantir a seguridade.

O alcalde, fixo unha valoración positiva da entrevista mantida, xa que puidemos transmitirlle directamente ao subdelegado as necesidades que temos nestes momentos e na indispensable colaboración institucional para avanzar nas investigacións e reforzar a seguridade veciñal.

Pin It on Pinterest

Share This