O Concello de Vilar de Santos executou o proxecto de “Mellora da eficiencia enerxética na iluminación do Parque Empresarial de Santa Marta”por un importe global de 49.420,18 euros. O proxecto contou cunha financiación de 39.536,14 euros por parte da Consellería de Economía, Emprego e Industria para axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais. Os 9.884,04 euros restantes, foron aportados polo concello.

O Concello elaborou un Estudio de Sustentabilidade Ambiental da iluminación pública municipal, realizado en novembro do 2016. Un instrumento de planificación, xestión e seguimento que ordena de xeito integral os esforzos a realizar en materia de aforro e eficiencia enerxética no alumeado público de todo o municipio para coñecer o xeito de explotación, funcionamento e prestacións das instalacións, o estado dos seus compoñentes, consumos enerxéticos e custos, co obxecto de mellorar a eficiencia e o aforro enerxético destas instalacións e reducir o consumo e o gasto económico e adecuar e adaptar as instalacións ás novas normativas con sistemas mais eficientes, con aforros inmediatos e significativos ao tempo que reforzamos o gran nivel de servizos do Parque Empresarial.

Desta maneira procedeuse á substitución de 76 luminarias de vapor de sodio de alta presión por lámpadas con tecnoloxía LED regulable e a modificación e mellora do centro de mando e control que van permitir reducir nun 68 % o consumo enerxético e a potencia nun 50%. Ademais, supón unha redución de emisións de CO2 en 13.999,30 kg/ano e un aforro económico directo segundo prezos de mercado en torno ao 34%.

O Concello apostou por novas áreas de desenvolvemento coa posta en marcha do Parque Empresarial de Santa Marta, xa no ano 1998. Ocupa na actualidade  225.000 m2 de superficie con 23 empresas instaladas que dan emprego directo a máis de 110 persoas, ás que hai que sumarlle o emprego inducido. Naceu  co obxectivo fundamental de dinamizar e poñer en valor os recursos locais para ordenar e reforzar o tecido empresarial do concello e impulsar e fixar novas empresas con capacidade para xerar novos postos de traballo. Neste momento, restan 30.000 m2 de solo industrial de propiedade municipal de dispoñibilidade plena.

“Pretendemos consolidar e converter Vilar de Santos nun espazo atractivo para investir e asentarse para elo acometeremos os investimentos necesarios para incentivar a instalación de novas empresas no Parque Empresarial e dinamizar a actividade económica e o emprendemento para seguir impulsando un modelo de desenvolvemento propio, que fomenta e apoia a economía produtiva”, di o alcalde, Xan Jardón.

 

Pin It on Pinterest

Share This
X