Museo da Limia

ENDEREZO:
Museo Etnográfico da Limia. Rúa Celanova, 63. 32650 Vilar de Santos (Ourense)

TELEFONO 988 465 883     FAX 988 465 863

E-MAIL museodalimia@vilardesantos.com

WEB: www.museodalimia.com

HORARIOS DE VISITA:
Sábados e domingos: de 11.00 a 13.30 e de 16.00 a 18.30 horas
De luns a venres: chamar ou contactar para  visitas e grupos concertados

PREZO ENTRADA: 2€ por persoa.

Ninguén pode marchar de Vilar de Santos sen coñecer este museo etnográfico, considerado un dos mellores de Galicia no seu xénero. Está adicado a vida e o saber tradicional da comarca da Limia. É “A morada da memoria antelana“ nome co que se coñece tamén a comarca e a súa antiga lagoa, a mais grande extensión de auga doce do Estado Español, ata que foi desecada nos anos 60.

A singulariedade, pola que ten sido recoñecido e premiado este museo, é que os guías son veciños que falan da súa propia vida e dos obxetos que formaron parte dela. O museo consta de cinco áreas temáticas: O mar da Limia, O mundo Rural, A vida na casa, Os oficios e o Comercio.

O mar da limia: A desaparecida lagoa de Antela constitue un elemento indispensable para comprender a evolución da Limia durante o último século. A súa desecación desencadeou unha serie de acontecementos que mudaron a vida e a paisaxe para sempre.

O mundo Rural: Un percorrido  pola vida e os costumes do limiaos nos séculos XVIII, XIX e XX, a organización do territorio; as aldeas,parroquias,  Os estamentos sociais, as cosntruccións tradicionais, os cultivos, a alimentación… este espazo inclúe a reproducción dun patio de labranza cos diferentes aparellos utilizados polos labregos, centrándose no cultivo do cereal característico da Limia. O alcume de “graneiro de Galicia” non é casual. Drante séculos, a Limia produciu moito máis gran de centeo, millo e trigo do que podía consumir. Polas condicións físicas da comarca, os limiaos tiveron na terra a súa fonte principal de riqueza, e a pesar das mudanzas propiciadas pola tecnoloxía, a realidade social sigue suxeita á terra e a labor da xente nela.

A vida na casa:  Interior dunha casa limiá tradicional, coa recreación da lareira, espacio máxico da vivenda, e do cuarto, a carón da anterior aproveitando a súa calor. No ámbito rural, a arquitectura estaba inmersa na paisaxe, tomando dela os materiais precisos. A casa limiá define a vivenda, pero tamén a familia que habita nela, construccións secundarias como o palleiro, propiedades, terreos e productos colleitados, etc.

O liño: Mostra dos útiles e tarefas arredor do liño que testemuñan a súa significación na sociedade tradicional. O seu cultivo foi importante base socioeconómica na Limia ata a crise de producción no s. XIX. Había boas condicións xeoclimáticas para o seu desenvolvemento e numerosa man de obra no agro. Un tear, presente en case tódolos fogares nunha economía de autoabastecemento, e a recreación dun fiadeiro son elementos destacados da exposición.

Os oficios Recreación de talleres de oficios artesanais destacados na comarca: traballo dos canteiros, a forxa dun ferreiro, útiles do carpinteiro e do zapateiro. Todos eles gardan unha relación directa coa terra e o que dela se extrae. O inmobilismo social e económico da sociedade galega propiciou que moitos destes oficios seguisen vixentes ata ben entrado o século XX, cando o progreso e transformacións industriais modificaron esta realidade.

Pin It on Pinterest

Share This
X