A entidade achegará 5.000 euros para reforzar ambos programas

 

A Obra Social “la Caixa” colaborará este ano co Concello de Vilar de Santos na posta en marcha dos seus programas de ocio saudable e activo dirixidos a nenos e persoas maiores. “la Caixa” destinará a ambas iniciativas unha achega de 5.000 euros.

O director da oficina de CaixaBank, Manuel García Novoa, fixo entrega da colaboración ao alcalde de Vilar de Santos, Xan Jardón. Esta axuda permitirá ao concello mellorar e reforzar o servicio que presta aos seus usuarios, incrementando, por exemplo, o número de monitores que participan en cada actividade. O representante de “la Caixa” valorou o traballo que o Concello está levar a cabo cos nenos e maiores e suliñou a satisfacción de “la Caixa” de sumarse na súa organización destes programas.

Obra Social “la Caixa”: más comprometidos que nunca
O compromiso de “la Caixa” coas necesidades da sociedade na que desenvolve a súa actividad financeira e co benestar das persoas, un dos seus trazos máis característicos, adquire unha dimensión maior, e máis diferencial que nunca, nas actuais circunstancias. Malia as dificultades, a entidad incrementou o seu presuposto para 2018 en Galicia ata os 10 millóns de euros. A respuesta ás problemáticas sociais mais acuciantes e a atención ás persoas máis vulnerables continúan sendo prioridades fundamentales.

Pin It on Pinterest

Share This