Fin de semana de actividades e festa das Neves|Concello de Vilar de Santos

Días de moito calor e moita participación e convivencia nas diferentes actividades programadas polo concello.

Comezamos o venres con Territorio Felicidad, co noso recoñecido veciño Juanma Quelle e Pedro Campos. O salón Multiusos quedouse pequeno para a esta conferencia inspiracional e creativa con música e percuterapia.

Bo ambiente e moita deportividade na liga de fútbol sala, o venres e o sábado entre os equipos participantes.

Éxito absoluto na actuación das nosas nenas e nenos coas súas coreografías do sábado pola tarde na praza do concello.

E o domingo un novo cheo no Salón Multiusos coa actuación de Serxio Pazos “Afiando con humor”.

Grazas e seguimos!

 

Pin It on Pinterest

Share This