Cultura e Deporte – Concello de Vilar de Santos

Cultura e Deporte

/Cultura e Deporte
Cultura e Deporte 2017-07-10T11:27:09+00:00

Lévase a cabo unha tarefa de dinamización cultural con programas e actividades para tódalas idades, na que a participación veciñal ten un importante papel.

Actuacións musicais, charlas e conferencias, debates, obradoiros, teatro, contacontos, viaxes, animación á lectura… son algúns exemplos da variada oferta cultural programada polo concello durante todo o ano.

BIBLIOTECA E TELECENTRO

Presta un servizo de consulta e lectura de libros ao usuario. Está dividida en varias seccións desde a narrativa en galego e castelán ata materias como a arte ou as ciencias. Destaca o apartado adicado a lectura infantil e xuvenil.

Desde o Telecentro, instalado na propia Biblioteca, contamos cunha rede de computadores para poder ofrecer aos usuarios, desde o acceso gratuíto a Internet con ADSL, ata cursiños de alfabetización dixital. O Telecentro está incluído na rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica, e polas tardes, organiza actividades para acercar o uso das novas tecnoloxías.

HORARIOS:
Biblioteca e Telecentro
De Luns a Venres de 16:00h a 20:00h

ESCOLA DEPORTIVA

Actualmente, desenvólvese a actividade de fútbol-sala. Poden participar tódolos rapaces/as maiores de 6 anos. Asistindo ás clases, coñecerán e practicarán este deporte, ademais de participar en diferentes torneos e competicións infantís.
Programaranse outros cursos e actividades

PROGRAMA DE ENVELLECEMENTO ACTIVO

Programas formativos e actividades de lecer

Dentro do Programa está incluído:

  • AULA DOS MAIORES
  • OBRADOIRO DA MEMORIA
  • ACTIVIDADES DE XIMNASIA ACTIVA

Desenvolvense obradoiros da memoria e alfabetización dixital e ximnasia no Centro Social de Parada e na Biblioteca municipal.