O PAI (Punto de Atención á Infancia) de Vilar de Santos

Xunta de Galicia - Gratuidade segundo fillo e seguintes nas escolas infantís

PAI (Punto de Atención á Infancia) de Vilar de Santos
Rúa de Celanova, 13 – 32650 Vilar de Santos
TELÉFONO: 988 447 109

Web: escola.vilardesantos.gal
Correo: escolainfantil@vilardesantos.com

 

Documentación necesaria para a preinscrición:

  • Modelo de solicitude: pode descargarse na ligazón “Folla de preinscrición (novas incorporacións)”.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Fotocopia do DNI ou pasaporte dos pais/nais ou titores.
  • Certificado de empadroamento dos país, neno/a e convivencia.
  • Fotocopia da/s última/a decaración/s da renda de tódolos membros da unidade familiar ou, no seu defecto, certificado emitido pola Delegación de Facenda que avale a súa non presentación.
  • Outros documentos como poden ser: Condición de familia numerosa, familia monoparental, sentencia de divorcio…

TITULARIDADE: Municipal

NIVEIS EDUCATIVOS: Educación Infantil (ciclo 0-3)

NÚMERO DE UNIDADES: Consta dunha unidade (3 meses a 3 anos).

NÚMERO DE PRAZAS: 20 prazas,

PROFESORADO: Consta dunha Coordinadora (Educadora e Psicopedagoga) e unha Auxiliar (educadora).

HORARIO: De 8 a 16 horas. De luns a venres.

Esta ubicada na antiga Escola Unitaria de Vilar de Santos. Realizouse unha reforma integral con novos accesos, despachos e servizos, aula infantil, zona de xogo, zona de gatexo, unha zona de berces e o resto dos equipamentos e dotacións. O centro tamén conta cun patio e unha zona de xogos ao aire libre delimitada duns 250 m2.

O PAI de Vilar de Santos é un servizo público de funcionamento diúrno, de titularidade municipal e xestión directa por parte do concello, con 20 prazas. Permanecerá aberta de luns a venres en horario de 8 a 16 horas. Conta con persoal especializado coas titulacións requeridas: unha educadora con funcións de dirección e coordinación e outra educadora como como persoal de apoio.

Este novo servizo municipal reforza toda a dotación de infraestruturas e equipamentos públicos do concello para facer fronte ás novas demandas e vai permitirnos poñer á disposición das familias con nenos entre os 0-3 anos, un espazo de atención educativo para contribuír tanto ao desenvolvemento integral dos nenos e nenas como á corresponsabilidade e á conciliación da vida laboral e familiar, prestando un servizo moi especializado.

O Punto de Atención á Infancia é unha nova alternativa, un dos proxectos máis importantes e ilusionantes emprendidos polo Concello, unha nova aposta de futuro do grupo de goberno para seguir creando as condicións e garantir e seguir avanzando na calidade de vida e o benestar dos veciños e veciñas nas mesmas condicións que o mundo urbano co obxectivo primordial de moderar o envellecemento e seguir freando o descenso demográfico, revitalizar os pobos, fixar poboación e xerar atractivo para persoas que queiran establecerse, permitindo que Vilar de Santos sexa, Un lugar para vivir con posibilidades e oportunidades.

Escola Infantil gratuíta no curso 2022/2023

Pin It on Pinterest

Share This