BANDO: Saúde e lecer no balneario|Concello de Vilar de Santos

BANDO

SAÚDE E LECER NO BALNEARIO

 O Concello asinou un convenio de colaboración co Balneario de Cortegada, para o programa de Termalismo da Deputación de Ourense, pero na opción de só tratamento terapéutico.

Está destinado aos veciños e veciñas do concello maiores de 50, podendo levar un acompañante sen límite de idade, poderán desfrutar dos beneficios dos programas terapéuticos e das augas mineiro-medicinais.

O programa ten unha duración de dúas semanas en horario de tarde e inclúe transporte de ida e volta desde Vilar de Santos ao balneario.

  • Prazo de solicitudes: ata o 7 de maio, incluído
  • 10 días de tratamentos termais do 14 ao 25 de maio
  • Custe: 130 euros por persoa

Pin It on Pinterest

Share This