É necesario renovar o BONO SOCIAL ELÉCTRICO para todas aquelas persoas que xa desfrutaban del, e tamén está aberto o prazo para novas solicitudes.

REQUISITOS:

  • Ser pensionista maior de 60 anos e percibir as contías mínimas vixentes en cada momento para cada clase de pensión.

Importante: Si se trata de matrimonio e ámbolos dous perciben a pensión mínima, teñen dereito igualmente o bono social eléctrico.

  • Ser familia numerosa.
  • Que a renda da unidade familiar sexa:
    • ≤ 1,5 (*) IPREM de 14 pagas, se non hai menores: 11.279 euros
    • ≤ 2 (*) IPREM de 14 pagas, se hai un menor na unidade familiar: 15.039 euros
    • ≤ 2,5 (*) IPREM de 14 pagas, se hai 2 menores na unidade familiar: 18.799 euros
    • Importante: Se conta con circunstancias especiais (minusvalía ≥ 33%, vítima de violencia de xénero, etc) os límites anteriores increméntanse en 0,5 puntos.

O prazo para a tramitación remata no mes de outubro de 2018.

Para mais información dirixirse aos Servizos Sociais do Concello ou chamando ó teléfono 988 465 883 e preguntar pola Traballadora Social.

Pin It on Pinterest

Share This