A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Vilar de Santos celebrará un curso de organización de viaxes esta semana. O horario será de 16:30 a 18:30 horas.

O 19 e o 21 de Xuño o curso “Organiza a túa viaxe coa axuda das TIC”, co que se pretende:

I. Localizar, a través da Internet, información para preparar unha viaxe.
II. Coñecer as posibilidades de reserva a través da Internet.
III. Crear mapas e rutas personalizadas.
IV. Compartir información posterior á viaxe (fotografías e vídeos).

As actividades da Aula CeMIT de Vilar de Santos esta semana complétanse coas seguintes charlas a través de videoconferencia e en colaboración con Campus Senior.

“Recursos para ser máis feliz e conseguir unha madurez sana e activa”  que terá lugar o 18 de Xuño ás 19:00  horas, no que se mostrarán consellos e trucos para enfrontarse ó cambio de idade e envellecer así de forma máis feliz e saudable.

“Entrena a túa memoria de forma divertida coas TIC”, que terá lugar o 19 de Xuño ás 19:00 horas, e permitirá aos asistentes coñecer aplicacións e recursos que poden utilizar de forma diaria para manter a súa mente en forma dun xeito ameno e efectivo.

A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse ao Aula CeMIT de Vilar de Santos sito en Rúa Celanova, 77, Vilar de Santos, Ourense, a través da páxina web https://cemit.xunta.gal/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.vilardesantos@xunta.es

Pin It on Pinterest

Share This